Get Adobe Flash player

Para levantar a contorna de Ourense (vulgarmente chamada “pota”) partimos dos planos dixitais a escala 1:25.000 con curvas de nivel cada 10 m facilitados polo Instituto do Territorio.

Seguidamente seleccionamos unicamente as capas das curvas de nivel para impórtalas no programa Google SketchUp con extensión DWG. Aparecen como un grupo nunha única capa 0, polo que foi preciso darlle a elevación correcta a cada capa.

Como a superficie abarcada e grande con respecto as alturas das montañas, fixemos unha pequena trampa elevando a altura da contorno con un factor de 1,5, resultando a figura mais didáctica.

Seguidamente coa ferramenta caixa de area, fixemos unha textura sólida para que se vexan as sombras proxectadas polo sol en calquer dia e hora do ano.

O paso seguinte foi superpor o mapa da contorna de Ourense como trama para poder visualizada desde calquer dirección en 3D.

Chegados a este punto, tivemos serios problemas para obter un relevo 3D con tódalas curvas de nivel, xa que o peso do arquivo era moi grande para as posibilidades do programa. En concreto, a textura sólida coa caixa de area require un tempo de 24 horas seguidas utilizando o ordenador mais potente do Instituto. Vendo que no era factible este tipo de representación, fixemos probas cun programa, SURFER, que xera superficies tridimensionais a partir de puntos con coordenadas X, Y e Z.

Partindo do arquivo de CAD coas curvas de nivel, houbo que extraer as coordenadas de cada punto co comando EXTRACTDATA a unha folla de cálculo EXCEL. Como este programa non admite mais de 65.536 puntos, tivemos que fraccionar a extracción de datos en 7 follas de Excel para ter un total 406.106 puntos referenciados.

O seguinte paso foi crear unha retícula no programa SURFER importando os datos das 7 follas de EXCEL para logo utilizar a opción MAP - CONTOUR MAP, para ter o gráfico 3D final que buscábamos.

Fixéronse os axuste precisos para que a resolución fora óptima e se elixiron as cores que definen as alturas das curvas de nivel de xeito que as mais altas foran de cor verde (DRAGON VERDE) e as inmediatamente inferiores de cor branca (TIGRE BRANCO). A área abrandada e de 30 x 20 km aproximadamente.

O resultado final foi unha representación moi realista que tomamos como base para realizar as figuras explicativas do Feng-Shui da contorna de Ourense xa que o xirala en calquer dirección resulta sumamente didáctica. Mostrase nas figuras seguintes:

As figuras finais realizáronse nun programa de CAD insertando de fondo unha imaxe de trama para poder debuxar por riba. Unha vez o debuxo finalizado faise unha copia de pantalla para pasala a un programa de retoque fotográfico como GIMP para poder gardalas con extensión JPEG por comodidade para logo insertalas nun programa de tratamento de texto para realizar a memoria.

Unha das figuras realizadas foi a seguinte:

O resultado é espectacular pero a cantidade de horas que levou realizar este traballo foi impresionante tamén.

Quién está en Línea

Tenemos 4 visitantes y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

026302
HoxeHoxe3
OnteOnte2
Esta semanaEsta semana5
Este mesEste mes60
Tódolos díasTódolos días26302