Get Adobe Flash player

As montañas SAN: son en xeral, relevos máis importantes que simples montes. Si un sitio non está ligado a unha montaña, non ten ningún valor, aínda que os elementos secundarios (SHA), que rodean o sitio son de aparencia satisfactoria.

La enerxía CHI, principio dinámico do YIN e do YANG, avaliase nas montañas pola forza dos 5 Axentes; diferentes formas de montañas, tanto en planta como en perfil, están asociadas a cada un dos Axentes, como xa se indicou. A  xenealoxía dunha montaña conecta o XUE a un conxunto sucesivo de montañas, ou accidentes do terreo, que desde o máis lonxano a máis cercano denomínanse Gran Ancestro, Ancestro, Pequeno Ancestro, Parente, Embrión, Xestación, Cara do Feto e Recen Nacido. Esta terminoloxía do parentesco e da xestación indica que a cada nivel a enerxía reforzase rexenerase.

A vena MAI. Para o Feng-Shui a vena está asociada ao dragón, ela e a esencia do CHI e atestigua a súa presenza. Por analoxía co corpo humano, considerase que o dragón corresponde a carne e aos osos, mentres que a vena corresponde aos vasos sanguíneos. O autor do Tratado do Dili, seguindo a súa analoxía co corpo humano, indica que a enerxía CHI e a sangre circulan polos vasos sanguíneos e que da súa pureza depende tanto a personalidade como o estado de saúde do individuo; e, como un bo médico pode coñecer o estado do seu paciente polo exame do seu pulso, un bo experto en Feng-Shui pode distinguir os sitios fastos e nefastos, bos ou malos examinando unha vena e os pulsos da montaña. Esta analoxía permite ao  seu autor afirmar la perennidade da lei fundamental do universo.

Nunha montaña, “o Dragón e a Vena”  manteñen relacións indisociables:

“Cando hai un Dragón, hai unha Vena e dragón sen Vena non pode existir. O Dragón e a aparencia, mentres que a Vena es la presenza discreta do CHI, de forma que e máis difícil discernir a Vena que de recoñecer o Dragón”.
A enerxía CHI e as Venas do Dragón, as cadeas de montañas que a vehiculan, condúcennos ao XUE, aos seus carácteres e aos elementos aos que están asociados.


O toporama SHA. Si o XUE, coma o foco dunha parábola, non está materializado, e sen embargo polos elementos que o rodean que presentimos a súa existencia. E pola palabra SHA que se designan o conxunto de elementos naturais e artificiais o redor do XUE, nas 24 direccións do espazo. Tratase de grandes e pequenas montañas, de montes  e de montículos, de rochas e de pedras, de bosque e de árbores, de ríos, de regatos, de estanques, de lagos, do mar, da chaira, dos desertos, das vías  de circulación, dos edificios…  nunha palabra, do conxunto dos elementos constitutivos do entorno visible a partir do XUE, en tódalas direccións.
 

Si o XUE non ten ningunha connotación visual, o SHA está, o contrario, constituído de elementos visibles da paisaxe. A palabra SHA poderíase traducir por o “panorama dun lugar particular”. La representación gráfica destas configuracións, tal como son levadas a práctica polos expertos en Feng-Shui para representar os elementos do contorno por medio de abatementos sucesivos sobre os 360º do panorama, ilustra ben esta idea.

Os elementos que constitúen o SHA, son en xeral, para un sitio clásico e con o observador ubicado no XUE mirando ao sur:

  • Ao sur, a montaña “dianteira”, o FÉNIX VERMELLO.
  • Ao norte, detrás da praia do XUE, a entrada da cabeza do Dragón, detrás de esta, o montículo da TARTARUGA NEGRA LEXENDARIA.
  • A esquerda, ao leste, o DRAGÓN DE AZUR (verde).
  • A dereita, ao oeste, o TIGRE BRANCO.

Localizando os elementos do SHA na “pota” de Ourense, presentan a seguinte configuración:

  • Ao sur, o FÉNIX VERMELLO esta localizado na montaña de San Cibrao das Viñas e Rante.
  • Ao norte, a TARTARUGA NEGRA LEXENDARIA abranga os montes da zona de Castro de Beiro.
  • A esquerda, ao leste, o DRAGÓN DE AZUR (verde) caracterizado no alto de Montealegre.
  • A dereita, ao oeste, o TIGRE BRANCO acochase nos montes de Toén, Xestosa e Trellerma.

Fotografía do Dragón de Montealegre nos anos 30 que contrasta coa foto do tempo presente.

Podemos observar con claridade a vena secundaria que baixa sinuosamente pola parte dereita desde a cabeza do Dragón ata o Xardín do Posio (POMPEO romano).

A outra vena secundaria do Dragón sae da cabeza do Dragón hacia a esquerda pasando debaixo do Mosteiro de San Francisco situado nunha terraza que domina a cidade, a catedral de San Martiño das que distinguimos claramente as torres, a igrexa de Santa Eufemia, o Bispado para desembocar no río Barbaña polo lado esquerdo da Alameda que daquelas era un xigantesco recheo cara ao Barbaña.

Neste plano de Ourense do ano 1.925, podemos seguir a Vena do Dragón grazas a que están representadas as curvas de nivel, dando fe da orografía orixinal da cidade porque o núcleo urbano era pequeno e a maior parte das fincas eran hortas ou viñas.

Aproveitando a cartografía que nos enviou o IET, podemos visualizar o percorrido da vena do Dragón polas rúas do Ourense actual.

Como actividade durante este curso, fixemos unha andaina seguindo a Vena do Dragón cos alumnos de bacharelato, empezando no Tigre Branco interior, pasando pola Fontes das Burgas, Concello, Catedral de San Martiño, claustro do Mosteiro de San Francisco e por ultimo a subida polo Camiño Real ata chegar a súa cabeza situada no Parque de Montealegre. Aproveitamos o mirador existente para volver a repasar o camiño e observar o toporama SHA da “pota” de Ourense.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na fotografía anterior apreciamos a cabeza do Dragón de Montealegre e como non, o cruceiro que indica a importancia do lugar.
Nesta fotografía seguinte apreciase claramente a entrada da cabeza do Dragón en Ourense que contrasta coa exposta anteriormente dos anos 30.

Aproveitando o xogo de luces e sombras deste momento do dia, podemos distinguir as velas do Dragón, o membro,  o pescozo, a cabeza, as orellas, o ollo e o morro antes de zambullirse na contorna urbana.

 

Vista do Dragón desde o Tigre Branco.

Vista panorámica coas aclaracións pertinentes.

Vista dos Montes de Piñor (Tigre Branco) a mediados do século XX, vistos desde a actual Praza de Pontevedra, coa alameda e o antigo Hospital ao fondo, hoxe desaparecido.

Vistas do Tigre Branco, coa Ponte Romana e o Seminario na ladeira do Monte na mesma época.

Vistas do Tigre Branco na actualidade, co seminario na parte superior dereita.

Vistas da Tartaruga Negra (Montes de Castro de Beiro) desde o Dragón.

Idéntica vista sobre a cidade a mediados do século XX coa Tartaruga negra ao fondo.

Quién está en Línea

Tenemos 5 visitantes y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

026132
HoxeHoxe3
OnteOnte2
Esta semanaEsta semana5
Este mesEste mes8
Tódolos díasTódolos días26132