Get Adobe Flash player

Primeiras achegas

Dende sempre o ser humano observa e se pregunta sobre o que o rodea, en tódalas culturas investiga o enigma que é para el a natureza mesma e o que subxace a ela :

Que é o que se me oculta e que  non podo ver a simple vista?
Así empregamos as matemáticas para medir, os ollos para observar ( velaquí o coñecemento que chamamos racional e o coñecemento empírico). E comezamos así por exemplo a medir o tempo, pero…

como facelo?
Co espazo.
Así, nós tamén comezamos este camiño co noso alumnado, comezamos a entender que significa medir o tempo co espazo, que é o gnomon, a brúxula….e collemos a brúxula, o metro, as regras, lemos, falamos e sobre todo, experimentamos….

Para que?
Porque queremos non só entender, senón tamén sentir que nós somos paisaxe. Esta foi e é a nosa motivación.

Xa no camiño

Estudamos que tanto na cultura chinesa, como nas orixes da filosofía occidental o ser humano trabilla co concepto de lugares no universo. É dicir, hai direccións, non é mesmo norte que sur, este que oeste, arriba que abaixo. Aprendemos a discernir non só estes lugares, senón cal é a  súa esencia, cal é natureza por exemplo do norte? Que implica isto? Para poder abordalo mellor pasamos aquí tamén a parte práctica e cada un elaborou a súa “brúxula” persoal cos seguintes elementos: as direccións, as cores, os órganos, as estacións, as fases da lúa, os sabores, as edades…e bastantes máis conceptos.

Aquí amosamos algúns deses traballos

Non todos somos iguais …pero todos somos UN

O noso seguinte obxectivo consiste en coñecernos máis a nós mesmos empregando o feng-shui como ferramenta.
Por unha banda, xa explicaramos ó noso alumnado o significado deste termo,  feng-shui, pola outra coñecen o sentido e alcance do enunciado grego coñécete  a ti mesmo.

Traballamos entón conforme ó anteriormente dito, así que :
Que son eu? Cale é a miña natureza e esencia?
Que e como son eu en relación co cosmos?

Velaquí unha parte do resultado desta investigación.

O Feng-Shui, a forma do vento e da auga, é unha sabiduria taoista ancestral de vivir en armonia co entorno. O Feng-Shui é unha arte e unha ciencia á vez que estuda a paisaxe que rodea un lugar escollido para determinar o sitio mais favorable que favorece a vida e as relacións co contorno, cando se constrúe unha casa para persoas vivas (Feng-Shui de tipo Yang) ou para enterramentos (Feng-Shui de tipo Yin). Existen regras empíricas normalizadas, así como deducións e aplicacións creativas baseadas na compresión do funcionamento dos cinco elementos, no movemento dos nove palacios, nas intrincadas relacións do yin e do yang e da forma xeral da paisaxe. A mellor maneira de aprender Feng-Shui e, probablemente, sumerxirse totalmente no que nos rodea (a paisaxe, a arquitectura, o contorno) con ollo xeomántico, descubrindo gradualmente que as formas da paisaxe e dos elementos arquitectónicos pasan a formar parte do noso catálogo de imaxes visuais. Só entón, estaremos sintonizados co entorno.

O Feng-Shui e, por encima de todo, unha tradición vinculada a terra, da comprensión do fluxo de enerxía da terra e da colaboración con este fluxo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Así estudamos que, como  dixo PROTÁGORAS O home é a medida de tódalas cousas…

O que significa que nós, empregando a razón, a observación, e o cálculo, podemos coñecernos e ver cando estamos  en harmonía con oso entorno (tal e como se facía e se segue a facer, na antiga China)

Por que queremos facer isto? A pregunta respóndese por si soa, a nos ser que esteamos tan “ocupados” hoxe en día que non reparemos nela. Estar en  harmonía propicia unha vida verdadeiramente humana, plena e feliz. Se nós non vivimos así, perxudicamos ó noso entorno e por conseguinte a nós mesmos, tal como nos explica a filosofía TAOÍSTA.

Podemos entender en que consiste o equilibrio a partires da explicación dos conceptos YIN- YANG.

OS CINCO  AXENTES E O MEU ELEMENTO

Da mesma forma que existen 4-5 estación no ano, como xa vimos, podemos dicir que están asociadas a 5 enerxías, ou, se queremos expresalo mellor, 5 axentes. Estes axentes se relacionan mediante diferentes ciclos : se alimentan, se destrúen…
Así como nós  nacemos cunha determinada xenética, constitución, e despois imos construíndonos como persoas, tamén posuímos un elemento que forma parte da nosa esencia. Este elemento é un dos xa traballados nos primeiros módulos.
Agora e grazas ao anteriormente dito :

A nosa razón, a nosa observación e o cálculo, dispoñémonos a saber cal é o de cada un de nós, e, por conseguinte :

  • que é o  que vai comigo?
  • cal lugar resulta axeitado para min? en clase, na casa…
  • con traballo ben e como suplir as deficiencias cando o meu entorno non é óptimo para min?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O alumnado aprende a diferenciar as estacións do ano e as acción humanas de cara ó entorno. En armonia co entorno colleitamos na estación que hai que recolleitar, sementamos,etc. Non estragamos a Terra facendo que traballe cando non corresponde, e por este motivo, tampouco nos facemos dano a nós mesmos, que tamén saímos beneficiados.

Para saber cal é momento observamos a estación do ano, a lúa, como nos sentimos nós por dentro e que é o que necesitamos neste momento. Sabemos que a Terra e a nosa propia autopercepción nos din a verdade, non os medios de comunicación por exemplo, se sabemos escoitar o noso corpo e a nosa mente nos dirán que necesitamos.

Durante varias xornadas nos adicamos ó estudio da cuadrícula Lo-Shu. O alumnado trabilla con planos reais das súas propias vivendas, tamén en conxunto traballamos a disposición da nosa aula, os seus mellores lugares, e por suposto o IES Universidade Laboral no seu conxunto..

Fóra da aula distinguimos o aprendido a nivel teórico. As formas das correspondentes enerxías :

  • Lume
  • Madeira
  • Terra
  • Metal
  • Auga


De forma que todos puidesen recoñecelas no entorno natural e urbano.

METODOLOXÍA

Partimos dunha aprendizaxe significativa.
Todo o que se lle explica ó alumnado significa algo para eles, aquí e agora, neste momento vital seu.
Non son contidos que teñan que memorizar ou aplicar, senón máis ben integrar,  e mesmo, vivenciar.
Por iso máis que falar, como se soe facer habitualmente de unir ou relacionar a teoría e a práctica, nós falamos  aquí de experimentar, non é só aprender algo novo, e despois integralo; non é tampouco, practicar para aprender. Trátase de interiorizar, facer propio, en fin como dicimos vivenciar. Só desta forma un contido coma este pode ser entendido, aprendido e pode ser útil para  a vida académica e extra-académica, por descontado. Dicimos un “contido coma este” porque resulta obvio que o Feng-Shui, non é unha teoría, é unha actitude, un camiño de vida, uns pasos que o noso alumnado comeza a dar e que confiamos sexan para a súa mellor harmonía.

Aspectos vivenciais de nosa metodoloxía:

  • O alumnado ó que foi dirixida a  nosa Unidade SOMOS PAISAXE é de 2º de Bacharelato, pertencente á optativa “Ética e Filosofía do Dereito”
  • O alumnado crea a partir de explicacións textuais, orais, películas e documentais o seu propio material : CADERNO DE CLASE.
  • Neste CADERNO escollen as súas impresións con respecto ó que se explica en clase. As explicacións non son en Ningún caso “declamacións” ó estilo antigo, sempre foron acompañadas de elementos visuais, sempre de forma aberta ó diálogo con eles.
  • Destacamos como profesores o feito de non ir preparados para explicar o que toca, senón máis ben preparados para o que eles demanden, para compartir, e sempre deu bo resultado como explicaremos máis adiante.
  • O CADERNO DE CLASE é elaborado por eles, non se compra, encadernan, debuxan e escriben nel, como un libro de texto.
  • A pintura, a escritura, elaboración de mapas mentais forman parte do noso método
  • Grande parte do material, tamén é elaborado por eles, motivados  a coñecerse a si mesmos, o coñecemento  máis interesante que hai, elaboran a RODA das direccións. Metodoloxía activa neste aspecto tamén.
  • Metodoloxía integradora. Como exemplo do vivencias poderiamos destacar a experimentación cos cinco sabores.
  • Empregamos como ferramenta non só a pintura e escritura, tamén a fotografía, a pintura con música, en silencio, a cegas,etc.,como parte desta experimentación e autocoñecemento.
  • Saídas guiadas para percorrer a nosa paisaxe.
  • Saídas guiadas para coñecer o noso entorno, aula da natureza : árbores e animais autóctonos.
  • Plantar árbores segundo os principios aprendidos do Feng-Shui.
  • Visionado de  películas e documentais. “Avatar”, “El invisible Harvey”, varios documentais de “Nacional Geographic”, “Ayurveda”, “Y tu qué sabes?”,”Planeta Humano”, “Baraka”,etc.
  • Música : Vivaldi, Bach, El Efecto Mozart.


“SOMOS PAISAXE”  foi para nós unha vivencia. Unha relación conxunta na que tivemos a oportunidade especialmente cun grupo de alumnos de bacharelato e dous profesores de implicarnos na aprendizaxe de nós  mesmos, da aventura do coñecemento.

 

Decidimos que un día á semana un profesor, neste caso JOSÉ LUIS SEQUEIROS estaría na clase co alumnado, pero tamén con outra profesora MILA ALONSO, algo pouco frecuente, dous profesores, á vez, con 15 alumnos. O ambiente que se xera, é , cando menos de curiosidade.

 

Durante as primeiras clases o alumnado amosábase sorprendido polo xeral, e esta sorpresa deu paso a unha ilusión crecente.
Con catro días á semana de clases na materia “Ética e filosofía do dereito”, e un sempre adicado a este proxecto, os outros tres días restantes foron relacionándose perfectamente co mesmo. Exercicios prácticos, pasar notas e debatir estaba a orde do día, pero tamén algo moi importante. CUESTIONAR.

 

Cuestionar é algo que xurdiu espontaneamente por parte do alumnado, algo esencial porque demostrou que estaban motivados, e deseguido cuestionar e responder era todo un.

 

As películas mencionadas, textos, e actividades conseguiron continuar con esta motivación ata o final de curso….e máis alá. En efecto, xa acabado o curso, nós fixemos a nosa saído, fóra do estritamente académico, fixemos a nosa excursión para descubrir e camiñar polo dragón en Ourense dicían os mozos. E así foi, como pasamos unha xornada, camiñando polo casco urbano, mellor dito, descubrindo, polos nosos montes, polas nosas enerxías. Compartindo comida e bebida, risas dende arriba no monte, en armonia con nós mesmos e co noso entorno.


CONTIDOS.


Materiais para pensar.

 

Ó longo da historia do ser humano en diferentes culturas atopamos explicacións sobre a orixe do universo. Aínda que con diferenzas tamén con similitudes. Nas cosmoloxías máis antigas, se parte dunha unidade orixinaria, máis como é que desa unidade primeira chegamos a pluralidade do existente.

Na filosofía Taoísta, o noso centro de interese, tamén vemos que o Un, a Unidade, deu lugar á dualidade, á parella YIN-YANG, termos que non deben ser entendidos simplemente como “opostos” ou “complementarios”, aínda que eses sexan aspectos importantes a ter en conta, senón máis ben como dinámicos, interconectados e inter-relacionados.

Non podemos entender a nosa realidade práctico-material nin intelectiva sen esa dialéctica yin-yang. É precisamente neste diálogo onde comeza o mundo das relacións, os cinco axentes.

Estas cinco enerxías, das que nos nosos días xa temos oído falar son lume, metal, auga, madeira e terra. Non se trata de “elementos” no sentido material da palabra, de aí que prefiramos chamarlles axentes, pola súa natureza imperceptible a nivel do puramente sensible.

A partires destes cinco axentes se manifestan, segundo a filosofía Taoísta as Dez mil cousas.

Velaquí a explicación da Totalidade do real existente.


(Tarefa: os propios alumnos no seu diario persoal de clases elaboran un esquema comparativo entre a explicación sobre  a orixe na Filosofía Taoísta e outras cosmogonías.)

 

A relación que tamén se establece entre as propias enerxías pode ser un ciclo xerador, ou ben destrutor.

 

No ciclo xerador vemos como un axente xera a outro, é un ciclo fasto, é dicir, auspicioso. Así o lume alimenta á terra, a terra alimenta ó metal,etc. Por outra banda do ciclo destrutivo, fasto, observamos a destrución dun elemento por outro. Pero os dous ciclos é necesario telos en conta.

 

 

ORDEN DE PRODUCCIÓN: O axente Madeira enxendra o Lume alimentándoo, o Lume enxendra a Terra coas cinzas, a Terra enxendra o Metal xa que se extrae dela e o Metal enxendra a Auga por condensación na súa superficie fría.

 

O Axente que enxendra e protexe, mantén naturalmente o Axente que produce.

 

ORDEN DE CONQUISTA O DE DESTRUCCIÓN MUTUA: O axente Madeira conquista a Terra secándoa coas súas raíces; o Lume conquista o Metal fundíndoo; a Terra conquista a auga absorbéndoa; o Metal conquista a Madeira cortándoa e a Auga conquista o Lume apagándoo.

 

O ciclo de xeración e a mellor das configuracións dos 5 axentes. Para a súa asociación nun mesmo lugar, hai que ter en conta a sucesión das formas das montañas na paisaxe.

 

O Lume enxendra a Terra.

A Terra enxendra o Metal.

O Metal enxendra a Auga.


A Auga enxendra a Madeira.

A Madeira enxendra o Lume.

 

Cada enerxía-axente está presente no noso entorno , ou mellor dito, maniféstase se sabemos observalo. Así ó noso redor podemos falar de casas que son lume, ou árbores “que son” metal.

 

Unha vez analizados distintas expresión dos axentes en formas concretas, podemos, a partires de aí ser capaces de detectar se o entorno  no seu conxunto, é dicir, o medio urbano por exemplo, ou o medio natural, a paisaxe, están en harmonía ou non.

Tendo en conta os ciclos de xeración e destrución vemos que elementos predomina nun conxunto e se está ou non equilibrio co resto ou desgastando algún outro.

Tarefa: o alumnado ten que distinguir sobre propostas dadas (edificios, lugares naturais, elementos illados…) o axente predominante. Posteriormente eles mesmos traerán as súas propostas e exemplos para practicar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén, e non menos importante, evidenciamos como a intervención do ser humano pode desequilibrar estes ciclos por descoñecemento dos mesmos, como vemos que así é.

Ademais da manifestación dos cinco axentes ó noso redor, obviamente, se nós formamos parte do entorno, tamén somos expresións deles. Falando xa en termos de  Filosofía Taoísta, do mesmo xeito que unha árbore pode ser elemento metal, en cada un de nós tamén predomina un elemento.

Como sabelo? Empreñando a Táboa do número anual e con sinxelos cálculos matemáticos podemos coñecer cal é o noso elemento .

Esta utilización on ten como finalidade a simple curiosidade, ou ocio desinteresado, trátase, pola contra, de algo de suma importancia se queremos acadar o noso obxectivo : autocoñecemento e vida harmoniosa e feliz co entorno.

 

O feito de saber que unha persoa é Terra, por exemplo, levaranos a considerar aspectos importantes da súa vida, que entorno é adecuado para ela, na súa casa, no traballo, mesmo nas relacións persoais.

Probablemente isto pode parecer estraño ós ollos dunha mente occidental, pero se todos somos UN, non podemos aplicar uns parámetros para unhas cousas e outros para outras, segundo nos pareza; así pois, tódolos ámbitos dunha persoa : laborais,

familiares, educacionais, afectivos…están  interconectados, e explicados con estes  mesmos conceptos.

Tarefa: cada alumno/a vai descubrir o que elemento é cada un coas ferramentas explicadas en clase. Tamén calculará cal é o lugar apropiado para na aula para cada un.

Ampliando e aplicando isto último ó ámbito educativo, podemos agora xa traballar cunha construción arquitectónica concreta: o IES Universidade Laboral.

Mediante o emprego da cuadrícula Lo-Shu sabemos  non só orientación senón tamén a disposición de cada estancia, é dicir, que actividade resulta máis favorable realizar en determinados lugares, para o cal empregaremos ademais o nosos coñecementos sobre os ciclos dos cinco axentes, e a Cuadrícula anual, neste caso, ó tratarse dun edificio traballaremos sobre o día no que se puxo a primeira pedra do edificio.

Isto mesmo é o que podemos aplicar tamén as nosas vivendas, calculando así a orientación de debemos darlles e a ubicación das diferentes estancias con respecto ó entorno, e por suposto, con respecto ó que nós necesitamos.

Para isto necesitamos a cuadrícula Lo-Shu, tendo en conta que temos que darlle á volta, (norte-sur están cambiadas), unha brúxula, un plano adecuado da  vivenda ou lugar a estudar, ano de adquisición ou inauguración da mesma, e o coñecemento sobre os cinco axentes.

Tarefa: o alumnado deberá determinar as direccións e estancias favorables cada membro da familia na propia vivenda.

É de sumo interese insistir na importancia que lle concede a Filosofía Taoísta o propio feito do coñecemento, de saber mirar con ollos que van máis alá do sensible-material, algo que xa estaba, tamén, na orixe da nosa Filosofía  grega, Platón  basea o seu  pensar sobre o saber mirar “cos ollos da alma”, algo que nós temos esquecido, pero como el mesmo dicía, “podemos recordar”. Igual que co entorno, tamén respecto de nós mesmos esquecemos o que somos e que enerxías son as adecuadas. Isto podemos referilo mesmo ó ámbito da alimentación, xa que frecuentemente non sabemos cales son os nutrientes que necesitamos. En primeiro lugar, e brevemente, teremos que saber escoitar o corpo, e en segundo lugar que alimentos posúen unhas características máis yin, ou máis yang. En calquera caso, se somos principiantes, é convinte acudir ó termo medio( os cereais), situarnos no punto de equilibrio. O abuso dos medicamentos, estimulantes alcohólicos (yin), ou de alimentos procesados precociñados con  excesos de sal ( yang), é obvio que non pode ser saudable, sen embargo é nota común nos nosos días, se non deixarían de fabricarse, e pola contra vemos que hai superprodución. O coñecemento disto implica unha alimentación simple, responsable e respectuosa co noso corpo e co entorno. Como diciamos antes, os parámetros que aplicamos a unha cousa, valen para tódolos ámbitos da vida humana, porque todo é UN.

Tarefa: elaboración dun menú con respectos as propias necesidades. Experimentación cos 5 sabores en relación coas estacións do ano.

Formulemos agora entón a pregunta que latexa no fondo da nosa actividade:
    
Cal é o mellor lugar para vivir?

Ante esta cuestión o primeiro que temos que facer é ver quen fai  a pregunta, que tipo de persoa é, que quere facer nese entorno?,. Non son os mesmos requisitos para unha persoa Madeira que para unha Metal. O que é bo para un pode non selo para outro. Escollamos sempre dentro da medida nas nosas posibilidades, xa que levar adiante esta práctica non é outra cousa que saber adaptarse ó entorno, non agredir, senón convivir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A grandes trazos, a Filosofía Taoísta describe ese lugar para vivir coma un emprazamento xerador de vida. Onde se xera a vida? No útero materno. Así pois, observamos como hai emprazamentos que semellan precisamente a entrada á vida, á entrada a ese útero.

Sabemos tamén que hai catro enerxías ubicadas nas catro direccións:

  • Este- Dragón Verde
  • Sur- Fénix Roxo
  • Oeste- Tigre Blanco
  • Norte- Tartaruga Negra

No noso proxecto non só aprendemos a orientarnos conforme e estas enerxías, senón a facer delas un modo de vida, así que percorremos a nosa cidade, zona urbana, e medio natural, observando como estas montañas, enerxías están presentes, experimentando cal enerxía é a mellor para a nosa vivenda, camiñamos sobre o dragón….

Foto do grupo camiñando pola vena do dragón de Montealegre.

Cada un destes animais maniféstase ó longo da xeografía, así podemos falar de montañas-dragón por exemplo, ou montes de Tartaruga Negra, que veñen de lonxe, como a palabra que produce eco, e resoa,  así tamén chegan á nos estas liñas montañosas. Dende outros lugares, conectándonos, porque todos somos UN, non esquezamos.

E non só iso, eles, O Dragón, O Tigre, A Tartaruga e O Fénix, en harmonía configuran unha paisaxe que alberga, no seu centro a vida. Saber velo, aproveitalo e disfrutalo, xa é cousa do ser humano.

Foto do grupo observando desde a cabeza do dragón de Montealegre o emprazamento da tartaruga negra, o tigre branco e o fénix vermello.

No mapa seguinte indicamos a posición dos catro animais/enerxías lexendarios na "pota" de Ourense.

 

 

 

Quién está en Línea

Tenemos 23 visitantes y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

015583
HoxeHoxe2
OnteOnte4
Esta semanaEsta semana14
Este mesEste mes85
Tódolos díasTódolos días15583