Get Adobe Flash player

O Feng-Shui, a forma do vento e da auga, é unha sabiduria taoista ancestral de vivir en armonia co entorno.

O Feng-Shui é unha arte e unha ciencia á vez. Existen regras empíricas normalizadas, así como deducións e aplicacións creativas baseadas na compresión do funcionamento dos cinco elementos, no movemento dos nove palacios, nas intrincadas relacións do yin e do yang e da forma xeral da paisaxe. A mellor maneira de aprender Feng-Shui e, probablemente, sumerxirse totalmente no que nos rodea (a paisaxe, a arquitectura, o contorno) con ollo xeomántico, descubrindo gradualmente que as formas da paisaxe e dos elementos arquitectónicos pasan a formar parte do nos catálogo de imaxes visuais. Só entón, estaremos sintonizados co entorno.

O Feng-Shui e, por encima de todo, unha tradición vinculada a terra, da comprensión do fluxo de enerxía da terra e da colaboración con este fluxo. Escoitando a terra sintonizámonos coa enerxía do Universo, pois esta enerxía manifestase no aire en forma de vento, na terra en forma de auga e de terra firme, e no ceo en forma de estrelas. No mundo do Feng-Shui, a terra e unha entidade animada pola enerxía; esta flúe nela, a través dela e o redor dela. A enerxía dos espazos chairos e despexados é diferente da das rexións montañosas.

Cada tipo de forma terrestre ten asociada unha forma particular de enerxía, e para facerse conscientes da enerxía primixenia da terra e do poder dos lugares debemos abrirnos ao mundo natural. As paisaxes poden falarnos si as escoitamos. Poden revelarnos o seu estado de ánimo si as sentimos. Poden mostrarnos a súa natureza verdadeira si aprendemos a velos e a vivilos directamente.

Un novo punto de vista da paisaxe debe ser abordado porque a orixinalidade do Feng-Shui tradicional sostense nos fundamentos metafísicos do seu pensamento. Tódalas técnicas de lectura da paisaxe segundo esta técnica oriental parecen basearse en nocións de orden sutil. E a parte cualitativa do entorno a que interesa ao experto en Feng-Shui; o plano físico, a diversidade de materiais ou o tipo de vexetación non son mais que soporte de funcións que interactuan dentro de un amplo conxunto universal.

O Feng-Shui e un conxunto de técnicas que teñen por misión por en armonia as persoas e as construcións humanas coa arquitectura do universo. Esta función non e válida mais que dentro dunha concepción organicista do mundo que englobe dentro dun mesmo sistema os seres e as cousa (O home e a súa contorna).

A terra, como o corpo humano, esta percorrida por fluxos enerxéticos provocados pola oposición das forzas antagonistas que son o YIN e o YANG, que non debemos rexeitar, senón mais ben captar para o noso proveito. Este arte consiste en discernir sobre o terreo, polo análise da súa morfoloxía, a existencia e o desprazamento destas enerxías, para situarse no XUE, no punto preciso (mesmo termo que o utilizado en acupuntura) de concentración de estas enerxías.

A enerxía semella moverse polas “Venas do Dragón”, cadeas de montañas animadas donde se distingue o desprazamento a escala dun pais, nas rexións e o derredor dos sitios. Tamén e captada e reforzada pola presenza de auga.

Os principios do Feng-Shui son claros: sitio adosado a montañas ao norte que o abrazan polo este e polo oeste, apertura do sitio hacia o sur descendendo en suave pendente, baixada das augas da montaña penetrando no sitio polo norte, descorrer transversal e atravesando de xeito que permita unha boa alimentación, boa irrigación, bo drenaxe e a evacuación de refugallos.

Hai dúas principais escolas de Feng-Shui:
 

  • A escola TSUNG-MIAO, dita “do templo dos ancestros”, baseada sobre a utilización de “figuras simbólicas” orientadas no espazo (TRIGRAMAS) e da observación das correspondencias do relevo xeográfico con certas estrelas.
  • A escola KIANG-SI, que pon o acento sobre a forma das montañas e da dirección das correntes de auga, concentrándose sobre a fisiografía do terreo.

Para este traballo, utilizaremos o saber das dúas escolas xuntamente con unha brúxula ou compas xeomántico propio do Feng-Shui, chamado LUO-PAN. Empregaremos dous modelos, un traído directamente de China e outro, mais manexable, traducida ao linguaxe occidental para unha mellor comprensión.

Quién está en Línea

Tenemos 6 visitantes y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

026138
HoxeHoxe9
OnteOnte2
Esta semanaEsta semana11
Este mesEste mes14
Tódolos díasTódolos días26138