Get Adobe Flash player

EXERCICIO PRÁCTICO DE APLICACIÓN DO FENG-SHUI Nº 1: A PAISAXE URBANA
Distinguir as formas asociadas aos 5 Axentes (Auga, Madeira, Lume, Terra e Metal) nunha paisaxe urbana de Ourense.
Partimos de documentación gráfica baixada de internet visualizando a rotonda da Comisaria de Policía desde a Ponte Nova, con vistas desde arriba e de fronte.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Coñecementos preliminares: repaso das formas asociadas aos 5 axentes.

FIGURAS DAS FORMAS ASOCIADAS AOS AXENTES AUGA, MADEIRA, LUME, TERRA E METAL.

 

EXERCICIO RESOLTO

 

EXERCICIO PRÁCTICO DE APLICACIÓN DO FENG-SHUI Nº 2: A PAISAXE URBANA
Distinguir as formas asociadas aos 5 Axentes (Auga, Madeira, Lume, Terra e Metal) na paisaxe urbana do entorno das Fontes das Burgas de Ourense.
Partimos de documentación gráfica propia elaborada e seleccionada polos alumnos.

Coñecementos preliminares: repaso das formas asociadas aos 5 axentes.

EXERCICIO RESOLTO
Deixamos pendente a resolución para o mes de outubro de 2.014, para que os visitantes da Web poidan comprobar os seus criterios. Como axuda, diremos que en Feng-Shui importa mais a forma que o tipo de material da construción.

 

EXERCICIO PRÁCTICO DE APLICACIÓN DO FENG-SHUI Nº 3: AS RELACIONS COA PAISAXE URBANA
Cada alumno debe atopar o seu sitio mais favorable dentro da aula de clases teóricas de Feng-Shui (coñecida como o submarino), aplicando os coñecementos adquiridos sobre as relacións entre os 5 axentes, o calendario chino e o fluxo das enerxías do PA-KUA dos 9 palacios (LO-SHU).
Partimos de documentación gráfica baixada de internet.
Considerase que o fluxo de enerxía entra pola fachada do edificio.
Necesitamos saber a orientación da fachada para logo situar os 9 palacios, tendo en conta que no Feng-Shui o sur atopase na parte superior (YANG) e o norte na parte inferior (YIN).

Coñecementos previos: Calendario chino formado por tres ciclos sexaxesimais de 60 anos, chamadas eras e a súa vez están divididos en 3 ciclos de 20 anos, resultando un total de 9 ciclos de 20 anos cada 180 anos.
Estes datos están tabulados. O ano chino astrolóxico comeza o 4 de febreiro.

Os 9 palacios do LO-SHU están relacionados cos axentes e indican o percorrido da enerxía dentro dun espazo concreto, como a aula do submarino. O palacio 1 esta relacionado co axente auga (negro); os palacios 2-5-8 están relacionados co axente terra (amarelo); os palacios 3-4 están relacionados co axente madeira (verde) e os palacios 6-7 están relacionados co axente metal (branco-azulado)

EXERCICIO RESOLTO
Aplicando os coñecementos sobre o calendario chino, e preciso determinar como estaba a enerxía base cando se construíu a U. Laboral. Tomamos como referencia a data oficial de colocación da primeira pedra: 28 de setembro de 1.974.

 

Comprobamos que o ano 1.974 corresponde o sexto ciclo que abranga desde febreiro de 1964 ata febreiro de 1984. Isto indícanos que o palacio central do LO-SHU esta ocupado polo número 6 (6º ciclo), ocupando os demais números as posicións correlativas que se indican no LO-SHU base.
Agora debemos superpor o LO-SHU encima do espazo da aula para saber a ubicación dos palacios co seu axente asociado, tendo en conta que a parte superior (YANG) corresponde a sur, polo que lle hai que dar a volta (xirar 180º).

 

Como o LO-SHU esta perfectamente orientado e a aula declinada 142º hai que proceder a reubicar os 9 palacios polo que dividimos a aula en 9 partes. Cada axente representase coa cor asociada [2-5-8 están relacionados co axente terra (amarelo); 3-4 están relacionados co axente madeira (verde) e 6-7 están relacionados co axente metal (branco-azulado)].

Temos a primeira parte rematada: determinar a ubicación das enerxías dos 5 axentes no espazo da aula.

Cada alumno precisa determinar o seu axente asociado en función da súa data de nacemento e así poder avaliar as súas relacións co contorno que o rodea varias horas o dia (os distintos espazos da aula). Recurrimos a unha táboa que nos indica o número natal en función do mes e ano de nacemento.


O número 5 (Terra) non ten dirección por estar no palacio central. O número 5 feminino asociase a dirección do palacio nº 2 (Terra) e o número 5 masculino asociase a dirección do palacio nº 8 (Terra).

Unha vez coñecido o axente asociado o alumno, aplicamos os coñecementos sobre os ciclos de xeración, de destrución, de control e de corrección dos 5 axentes.

Na figura anterior apreciamos que a situación mais favorable e aquela en que o axente asociado o emprazamento xera o axente asociado o número natal do alumno. En concreto, para un alumno asociado o axente lume, debe sentarse nun lugar asociado o axente madeira por ser a situación mais propicia. Tamén sería válido un lugar asociado o axente lume. Un lugar asociado o axente metal, e, en principio favorable pero debe estudarse mais a fondo. Os lugares asociados os axentes auga e terra non son apropiados para un alumno asociado ao axente lume.

 

EXERCICIO PRÁCTICO DE APLICACIÓN DO FENG-SHUI Nº 4: AS RELACIONS COA PAISAXE URBANA
Nunha vista o centro medioambiental de Montealegre, os alumnos de 2º de Bacharelato foron agasallados con pequenos castiñeiros para plantar. Plantexouse o reto de atopar o sitio mais favorable segundo o Feng-Shui dentro da parcela da U. Laboral, aplicando os coñecementos adquiridos sobre as relacións entre os 5 axentes, o calendario chino e o fluxo das enerxías do PA-KUA dos 9 palacios (LO-SHU).
Partimos de documentación gráfica baixada de internet e da Oficina Virtual do Catastro.
Necesitamos saber a orientación da fachada para logo situar os 9 palacios, tendo en conta que no Feng-Shui o sur atopase na parte superior (YANG) e o norte na parte inferior (YIN).
Tamén precisamos saber que o castiñeiro esta asociado o axente Metal.

A parcela da U. Laboral debe estar totalmente incluída dentro da cuadricula do LO-SHU. O ser de forma irregular, hai varios palacios non utilizables parcialmente ou na súa totalidade. E fundamental tomar a data do comezo das obras da U. Laboral xa que nese momento se fixaron as enerxías no emprazamento, definindo a posición dos axentes nos 9 palacios.

EXERCICIO RESOLTO
Deixamos pendente a resolución para o mes de outubro de 2.014, para que os visitantes da Web poidan comprobar os seus criterios. Como axuda, diremos que en Feng-Shui importa mais a forma que o tipo de material da construción.
Daremos unha pequena axuda facilitando o debuxo do LO-SHU superposto a parcela da U. Laboral

 

Quién está en Línea

Tenemos 4 visitantes y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

026132
HoxeHoxe3
OnteOnte2
Esta semanaEsta semana5
Este mesEste mes8
Tódolos díasTódolos días26132