Get Adobe Flash player

Segundo a Medicina Tradicional China, o corpo humano esta percorrido por meridianos que tecen una trama na superficie da pel ligada aos órganos internos e sensibles as influencias exteriores. En correspondencia, segundo o Feng-Shui, o planeta Terra esta percorrido na súa superficie por un tecido de canais de enerxía denominados “Venas do Dragón” que tamén son sensibles as influencias exteriores.

E no punto de equilibrio entre o interior (corpo) e o exterior (a paisaxe), o microcosmos e o macrocosmos, zona donde o ser humano esta no seu sitio.

Para quitar proveito destas enerxías, a filosofía Taoista estableceu todo un sistema de correspondencias que as asocia a “axentes” unidos entre eles e xoga sobre relacións armónicas.

E un entendemento intuitivo que prefire relacionar por resonancias mais que de demostrar por razoamento.  
Os 5 axentes (WU HSING), son os 5 movementos representativos da enerxía pero non representan directamente a materia propia. Estes elementos prodúcense seguindo un ciclo de xeración, ciclo CHENG, domínanse  seguindo un ciclo de destrución, ciclo KO e influéncianse perpetuamente en movementos cíclicos regulares.

A Medicina Tradicional China utiliza desde hai mais de 2.000 anos e con éxito esta terapia, cando se precisa tonificar enerxías debilitadas (ciclo de xeración) ou de dispersar enerxía que están en exceso (ciclo de destrución).

Os axentes están asociados a paisaxe, xeoloxía, arquitectura, cousas, materiais, ideas, sensacións, cores, seguindo numerosos rexistros clasificados en táboas tradicionais.

Cando observemos a paisaxe do noso entorno, tanto rural como urbana, debemos tomar consciencia de que tódalas enerxías tanto cósmicas como telúricas que conforman o noso mundo vivo, sen excluír o mineral, están en movemento, en mutación, i e precisamente a comprensión deste dinamismo a que vai rexer na interpretación para poder tomar decisións en consciencia e intervir, se fose preciso.

O aspecto YANG, o mais enerxético e rápido, minguando vai evolucionar hacia o YIN, mais material, lento, a enerxía mais manifestada.

O aspectoYIN, o mais material e compacto, minguando vai evolucionar hacia o YANG, a enerxía, o éter, a materia menos manifestada.

A materia e enerxía mais manifestada, mais YIN.

Para o nos estudio, utilizaremos tanto as formas tradicionais (paisaxe rural) como as formas aproximadas (paisaxe urbana), que mostramos a continuación:

En montaña (YANG +) as diferenzas son mais acentuadas que nas chairas (YIN -).
As formas da paisaxe estao ligadas ao carácter dominate da rexión, no caso da “pota” de Ourense o carácter dominante do relevo esta asociado ao axente Auga.


Relevo das montañas da “pota” de Ourense a mediados do século pasado.

Vistas sobre as velas do Dragón desde a Capela de A Granxa. No centro da fotografía, apuntando ao ceo apreciase a torreta de telecomunicacións de Telefónica, asociada ao axente Lume.

Quién está en Línea

Tenemos 4 visitantes y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

026135
HoxeHoxe6
OnteOnte2
Esta semanaEsta semana8
Este mesEste mes11
Tódolos díasTódolos días26135