CARACTERES MORFOLÓXICOS DO SITIO IDEAL PARA O FENG-SHUI
Xa falamos das elevacións do chan que indican a presenza do soplo da natureza coas súas dúas correntes de forza masculina e feminina, positivas e negativas, que se denominan simbolicamente o Dragón e o Tigre. Folga dicir que se encontran na posición más feliz cando forman una ferradura de cabalo perfecta, es dicir, no lugar donde dous montes partindo dun mesmo punto deslízanse a dereita e hacia a esquerda nunha graciosa curva, xirando suavemente a súas extremidades hacia dentro, de maneira que se acerquen a unha a outra. Esta conformación de montes ou de montañas e un índice infalible da presenza dun verdadeiro Dragón, e si outras conxuncións non o anulan, a influencia dun sitio escollido no punto donde o Dragón e o Tigre se abren a esquerda e hacia a dereita, será tan fasto como se poida desexar.
Esquema do modelo dun sitio ideal segundo o Feng-Shui:
-
Montaña superior.
- Montaña principal.
- Entrada do Dragón no sitio.
- Cabeza
- Cellas da Tartaruga Negra
- Praia
- Fogar do sitio (XUE)
- Tigre interior
- Tigre exterior do Tigre Branco
- Dragón interior
- Dragón exterior do Dragón Verde
- Montaña dianteira
- Montaña vasala do Fénix Vermello
- Porta interior das augas
- Porta exterior das augas.
A praia do XUE: XUE CHANG. A praia do xue tin unha certa extensión o rededor do XUE, que podíamos denominar el sitio. O lado do XUE, punto preciso da concentración da enerxía e do SHA, paisaxe vista desde o XUE, aparece o conxunto de elementos que compoñen a súa configuración.
Como modelo de emprazamento real moi fasto e propicio, escollemos un pobo do Concello da Poboa De Trives da provincia de Ourense: San Miguel de Navea.
Esta fotos foron tomadas desde a carretera que vai de Póboa de Trives a Montefurado e nelas podemos apreciar claramente todolos atributos dun modelo ideal. Indicamolos na figura seguinte como exemplo da lectura da paisaxe segundo o Feng-Shui.
Vista de cerca, a espina dorsal do Dragón verde e maxestuosa, diferenciandose claramente na paisaxe.
En tempos, subia pola maña todolos dias a viceira das cabras desde a parte baixa do pobo hasta a Tartaruga Negra e volvia baixar a noitiña, iban guiadas por duas persoas situadas na dianteira e na traseira do grupo e cando se paraba nos lugares de encontro coas cabras doutra parte do pobo, a persoa dianteira era a que facia a función de arrebater cunha vara para que as cabras estivesen xuntas.
A toponimia do lugar ten connotacións moi interesantes:
O XUE esta situado nunha pequena elevación na que se distribue o pobo de VILABOA, hoxe abandonado.
No alto do Tigre Branco exterior atopase, curiosamente, a capela da Virxe das Neves que se venera o dia 5 de agosto, data asociada ao elemento Terra que xenera ao elemento Metal asociado ao Tigre Branco.
En canto o patrón do pobo, San Miguel, coa sua espada no alto, vencendo ao dragón, simboliza o Home que deixa a sua pegada na terra, o alquimista que fixa o volatil ou o maestro de Feng-Shui, FENG-SHUI XIAN-XENG, (Xeobiólogo) que domina a Vena do Dragón (Corrente telúrica).
Tradicionalmente, a serpe ou VOUIVRE en vocabulario antergo, significa e elemento Terra, aquilo que se arrastra e serpentea: as correntes telúricas.
As festas na honra de San Miguel celebranse o dia 8 de maio, data asociada segundo o calendario chino ao ano da Serpe, polaridade YANG, no corpo humano co organo do bazo e coa viscera pancreas (asociados ao axente Terra), coas persoas nadas baixo o signo de Tauro, coa orientación espacial SE-SUR e temporalmente entre as 21,00 e as 23,00 horas do dia.
Para este dia concreto do ano, as influencias benéficas estarian acrecentadas si coincide a mercores, dia asociado o planeta Mercurio e máximas si ademais coincide co ultimo dia do mes lunar (Dia 28).
Consultando almanaques chinos, o dia 8 de maio esta asociado a constelación Nº 28 denaminada O Carro, esta considerado como un dia fasto e ten un oráculo asociado que é o seguinte “Construir baixo este auspicio trae ascenso; un casamento recibirá a bendición do emperador. Celebrar funerias fará resplandecer a estrela do letrado. E a properidade será como un montículo de ouro e unha montaña de xade”.
Este horóscopo tradicional reflexa a atmosfera da China imperial en donde os exames dos mandarins eran a única forma concebible de promoción social e en donde todo se subordinaba ao destino da unidade familiar. Os enterros, os casamentos, a construción dunha casa ou o inicio dun comercio eran moi importantes daquelas.
Traspondo este datos a actualidade, podemos dicir que ata non fai moito tempo, Navea, rica en auga e con un microclima extraordinario, foi o verxel das vilas do derredor, como Póboa de Trives, Castro Caldelas, A Rúa e Quiroga, suministrando froita, legumes, hortalizas, noces e castañas. O río Navea era abundante en pesca ata que se fixo o embalse de As Guistolas e a viceira proporcionaba leite e cabritos. A lonxevidade das persoas estaba en consonancia coa prosperidade… “…un montículo de ouro e unha montaña de xade”.
Nos tempos que corren, Navea esta coma a maior parte dos pobos galegos, case deshabitado e cos terreos sen cultivar. As árbores frutais foron secando pouco a pouco ao emigrar ou morrer os donos, como si lles faltara cariño ou unha razón para vivir… Pero segue sendo un remanso de paz, un espazo de presenza, un espazo de liberdade donde a vida se expresa en plenitude baixo a protección da Tartaruga Negra, do Dragón Verde, do Fénix Vermello e do Tigre Branco.