A avaliación educativa e unha ferramenta xeradora de información útil respecto da calidade da proposta de ensinanza e do proceso formativo que se busca desenrolar nos alumnos. E dicir que da conta dos logros e dificultades da práctica educativa para analizala, comprendela, e mellorala.
Polo tanto a avaliación implica:
Describir e recoller datos a través de diversos procedementos:
1º) O medidor de consumo Efergy encargase de suministrar información continua dos consumos de enerxía eléctrica, prezos e emisións de CO2.
2º) O reto de presentarse a xuntanza de xóvenes pola sostibilidade e a paisaxe en Pontevedra permitiunos relacionarnos con outros centros e coñecer os seus proxectos.
3º) Construír unha páxina WEB englobada na páxina do instituto, con petaña propia AXENDA 21, para o proxecto donde vamos colgando toda a recollida de datos.
Comprender e explicar o seu obxeto.
1º) O analizar os valores das medicións efectuadas é posible cuantificar a cantidade de CO2 emitida polo funcionamento do alumado da aula e así determinar o número de arbores que fan falta para fixar ditas emisións de CO2.
2º) Durante a exposición do proxecto, tanto por parte do alumnado e por parte do profesorado, na xuntanza de xóvenes pola sostibilidade e a paisaxe en Pontevedra, foi posible explicar o obxeto deste reto os representantes dos outros centros participantes.
3º) A través da páxina WEB damos a coñecer o proxecto a toda a comunidade educativa.
Valorar y emitir un xuízo de valor.
A experiencia foi moi positiva xa que:
O alumnado participou de xeito activo nas actividades e tarefas, cumprindo o reto plantexado de levar a cabo unha acción de mellora da sostibilidade no seu propio contorno.
O alumnado agrandou a percepción sobre o seu contorno, estruturando o campo de xogo da realidade, estudando a posición do sol e o percorrido das sombras construíndo reloxos solares para calquer orientación.
Demostrouse de xeito eficaz que o proxecto é viable polo que se pode aplicar o alumado de toladas aulas do/s instituto/s.
O alumnado sensibilizouse coa sostibilidade de xeito que é capaz de asimilar a relación entre o uso do alumado da aula de tecnoloxía Nº 2 e a cantidade de arbores necesarios para equilibrar a emisión de CO2 correspondente.
A mirar o noso contorno con outros ollos, respetando as arbores e a natureza.
E por fin, o non menos importante, e que fomos honrados co PRIMEIRO PREMIO NA XUNTANZA IBERICA POLA SOSTIBILIDADE, NO PROGRAMA A21EG, NA CATEGORIA DE ESO, BACHARELATO E FP; E NA AREA TEMÁTICA DE SOSTIBILIDADE.
Todo isto permite manter vivo o xerme da ilusión para empezar no próximo curso coa instalación dos paneis, determinar o aforro en arbores para equilibrar o efecto invernadoiro da aula de tecnoloxía e ofertar a comunidade educativa as visitas guiadas polos propios alumnos que participaron no proxecto e a súa execución.