Get Adobe Flash player

SUSTITUCIÓN DE LUMINARIAS

Unha vez comprobado o baixo factor de potencia da instalación, decidiuse mellorar a eficiencia enerxética da iluminación da aula, sustituindo todas as reactancias electromagnéticas tradicionais (balastos) existentes por balastos electrónicos marca TRIDONIC para 2 tubos fluorescentes de 36 W, tendo en conta as numerosas e importantes vantaxes que proporcionan:

  • Ata un 25% menos de consumo de enerxía. (Neste caso 3 veces menos).
  • Prolongan a vida das lámpadas ata un 50%.
  • Xeran menos calor porque a súa temperatura de funcionamento é mais baixa.
  • Reducen os gastos de mantemento.
  • Aumentan o confort visual. Os equipos funcionan a alta frecuencia eliminando os molestos parpadeos e o efecto estroboscópico.
  • Desconexión automática ó final da vida da lámpada para evitar problemas de inseguridade e falta de confort.
  • Índice de eficiencia Enerxética IEE tipo A2, electrónico de baixas perdidas, xa que os equipos instalados na actualidade son de Eficiencia Enerxética IEE D, EM de altas perdidas, prohibidos polo RD 838/2002.

Tamén se decide sustituir todos os tubos fluorescentes de 40 W de potencia e 38 mm de diámetro polos de última xeración con 36 W de potencia e 28 mm de diámetro, que aportan as seguintes melloras:

  • Mais luz, mais vida útil e colores mais reais.
  • Menor contido en mercurio.
  • Índice de reprodución cromática Ra = 9 (excelente). As cores son reproducidas de forma moi boa, como corresponde a unha aula de ensino.
  • Temperatura de color Tc = 65 (6.500 ºK), branco frío; e a cor de luz que mais se parece a luz natural do día.
  • Clase enerxética B.

 

AFORRO EN ARBORES COA EMISION REDUCIDA DE CO2

 

 

Si unha árbore medra 100 kg por año, contando as follas, flores e sementes que entregara, podemos pensar que iso equivale, o mellor, a 50 kg de materia seca, na súa maior parte celulosa, que ten unha proporción de 6 a 21 de carbono (C6 H10 O5)n. En suma, 50 x 6 /21 = 14,3 kg de carbono. Pero como a molécula de dióxido de carbono ten unha masa de 14 + 16 + 16 = 46, por cada 14 kg de carbono absórbense 46 kg de CO2.

Sen embargo, unha árbore máis pequena quizais non suministre 100 kg de leña por ano. Hoxe aceptase que unha árbore madura pero pequena absorbe 6 kg de CO2 por ano.

 

 

 

Quién está en Línea

Tenemos 2 visitantes y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

026300
HoxeHoxe1
OnteOnte2
Esta semanaEsta semana3
Este mesEste mes58
Tódolos díasTódolos días26300