Get Adobe Flash player

MEDIDAS ELECTRICAS REALIZADAS

Decidiuse comprobar  o estado das luminarias existentes e cuantificar o seu consumo para determinar o número de paneis solares a instalar na cuberta para abastecer a demanda.

En primeiro lugar mídese a intensidade de corrente de consumo cunha pinza amperovoltimetrica no fío da fase do circuíto de alumado que alimenta a aula segundo se mostra na foto seguinte:

 

A intensidade de corrente medida foi de 16,04 A, polo tanto a potencia aparente S  ten un valor de:

S= U x I = 230 V x 16,04 A = 3.689,2 VA

Potencia activa instalada sen consumo de reactancias = 39 tubos fluorescentes x 40 W = 1.560 W

Potencia activa instantánea P medida polo EFERGY e2 incluíndo consumo reactancias = 2.692 W

Factor de potencia cos φ = P/S =  2.692 W / 3.689,2 VA = 0,729

Rendemento da instalación = P activa instalada / P activa medida = 1.560 W / 2.692 W = 0,58

As medidas indícannos que  as reactancias teñen un consumo excesivo, case igual a potencia consumida polos tubos fluorescentes. O factor de potencia e moi baixo, co que hai que compensalo a un valor superior a 0,95.

Como só dispomos de 2.210 W de potencia máxima a 230 V en paneis solares (26 unidades de 85 w), que suministran unha corrente de 9 A aproximadamente, queda claro que non dispomos de suficientes paneis solares polo que non queda outro remedio que reducir consumo sen afectar a calidade do nivel de iluminación da aula.

Unha vez analizadas as medidas cos alumnos, o resultado do debate lévanos a necesidade de comprobar os consumos dunha luminaria existente e comparalo co consumo dunha luminaria nova que cumpra os requisitos de eficiencia enerxética actuais.

Mercase unha luminaria  marca PHILIPS, modelo       , equipada con 2 tubos fluorescentes de 36 W, modelos T80 e reactancia electrónica con cos φ = 0,97, comparase con una das luminarias en uso que data do ano 1.975 aproximadamente, equipada con 2 tubos fluorescentes de 40 W, modelos T80, dúas reactancias electromagnéticas e un condensador para compensación do factor de potencia marca  modelo.

Aliméntanse ditas luminarias a 230 V e conéctanse os aparatos de medida que van a determinar o consumo de cada unha.

 

Como a diferenza de consumo e moi significativa, realízanse as medidas co mesmo aparato (pinza) para cometer un erro semellante nas medidas.

 

MEDICIONS DO CONSUMO E REXISTRO DE DATOS CO APARELLO Efergy E2

Desde a instalación do medidor, quedaron rexistrados os datos de consumo de potencia a intervalos de unha hora. Os alumnos de Bacharelato tecnolóxico, realizan semanalmente a descarga dos datos mediante cable USB a un dos ordenadores da aula provisto do programa de software eLink 2.1, que permite visualizalos de forma gráfica.

Como precio da enerxía consumida fixouse un valor medio de 0,20 €/kWh.

O factor de emisión de CO2  tomado corresponde o valor de 649 gr CO2 /kWhe indicado polo IDAE.

Quién está en Línea

Tenemos 5 visitantes y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

026137
HoxeHoxe8
OnteOnte2
Esta semanaEsta semana10
Este mesEste mes13
Tódolos díasTódolos días26137