Get Adobe Flash player

XESTION DOS PANEIS SOLARES

D. Emilio Rodríguez Portabales deu a coñecer a iniciativa deste proxecto na Concellería de educación do Concello de Ourense, solicitando a  súa colaboración para lévalo a cabo. A idea gustou no Concello que se comprometeu a facer un aporte económico a cambio de que outros Centros educativos puidesen realizar una visita guiada polas instalacións.

Os profesores D. Emilio R. Portabales e D. José Luís Sequeiros, realizaron una visita a fábrica de paneis fotovoltaicos T-SOLAR ubicada no Parque Tecnolóxico de Galicia, para coñecer o proceso de fabricación completo, guiados persoalmente polo Xefe de Mantemento D. Celso Movilla e coa idea de iniciar as xestións para lograr a dotación desinteresada dos paneis solares precisos para levar a cabo o proxecto.

A tardanza por parte do Concello unida os recortes dos orzamentos mantivo o proxecto parado un tempo ata que por medio da Concellería de Cultura Dª Ana Garrido, puidemos contactar co Xerente de T-SOLAR , Sr. Alberte, para solicitar definitivamente a cesión para o Centro educativo dunha remesa de paneis fotovoltaicos descatalogados ou que non pasasen o control de calidade por un pequeno defecto antes de que fose destruídos para a súa reciclaxe.

Consonte co falado, e os poucos días, a empresa T-SOLAR descargou co seu propio transporte no I.E.S. Universidade Laboral de Ourense, 31 paneis solares modelo TS-90 cun peso total de 1.007,50 kg.

 

TIPOLOXIA E CARACTERISTICAS DOS PANEIS SOLARES TS-90

Dado que nas visitas a fábrica de T-SOLAR non se permiten fotografías da maquinaria instalada e do proceso de fabricación dos paneis, os alumnos de bacharelato buscaron en internet documentación aclaratoria para a obtención de paneis de capa fina de silicio amorfo (a-Si) mediante deposición plasmática.

A documentación da que dispomos dos paneis TS-90 consiste nun folleto comercial coas súas características:

Proceso de fabricación dos paneis solares

Quién está en Línea

Tenemos 4 visitantes y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

026134
HoxeHoxe5
OnteOnte2
Esta semanaEsta semana7
Este mesEste mes10
Tódolos díasTódolos días26134