No módulo de expresión gráfica configurouse a simulación das sombras proxectadas polos paneis solares en 3 dimensións coa axuda do programa SketchUp.
O proceso foi o seguinte.
- Toma de medidas da cuberta da aula de tecnoloxía coa axuda dun flexómetro e dun medidor láser.
- Levantamento en tres dimensións da cuberta da aula de tecnoloxía con ditas medidas.
- Xeolocalización coa axuda de GOOGLE MAPS e a utilidade SUNDIAL a parede sureste da aula de tecnoloxía para poder orientar os paneis. O resultado foi o seguinte:
Orientación da parede de referencia coa utilidade SUNDIAL
http://sundial.damia.net/vertical/sundial.php?langcode=es
Lonxitude: Latitude: Declinación da parede:
Lonxitude: |
-7.85600043833 |
Latitude: |
42.318118941 |
Declinación da parede a: |
-17.4348794769 |
Hora mostrada: |
Hora Civil |
Horario de verán: |
Non |
Zona horaria |
(GMT+1)Amsterdam, Berlín, Berne, Rome, Stockholm, París, Valencia, Madrid |
Ecuación do tempo: |
14-2-2013 (-15 minutos) |
Introducimos as coordenadas de lonxitude e de latitude en ScketchUp para definir a xeolocalización manual:
Pestana Ventana → Información del modelo → Geolocalización → Definir localización manual
Distribuír os 26 paneis solares na cuberta da aula, tendo en conta a separación mínima entre fiadas para que non haxa sombras proxectadas ao longo do ano.
A separación mínima entre fiadas para a zona de Ourense calculouse cunha fórmula recomendada polo IDAE:
Sombra: A sombra proxectada sobre un obxecto pódese calcular aproximadamente da seguinte maneira:
Zona de sombra (d) = Altura do obxeto (h) * coeficiente (K)
Segundo IDAE: K = 1/tan(61º - Latitude)
Os paneis TS90 teñen unha altura de 1,30 m e unha inclinación de 45º, polo tanto a altura h é de:
1,30 m x cos 45º = 0,92 m
Zona de sombra (d) = h * K = 0,92 m * 1/tan(61º - 42,318º) = 2,72 m
Unha vez feita a distribución en planta dos paneis en dúas dimensións e tendo en conta a ubicación da estrutura metálica es dos anclaxes ós muros perimetrais de formigón, a distancia quedou limitada a 2,40 m por cuestións de economía, facilidade de montaxe e seguridade.
Levantamento das fiadas de paneis solares no programa SketchUp para simular sombras
Procedeuse a debuxar os paneis encima da cuberta de xeito que tiveran orientación Sur e unha inclinación de aproximadamente a latitude do lugar, e dicir, sobre 45 º.
Para simular a sombras procedeuse a activar a ventá ferramentas de sombras e a de Norte solar para tomar referencias:
Pestana Ver → Barra de ferramentas → Sombra
Pestana Ver → Barra de ferramentas → Norte solar
Dado que a Universidade Laboral ten horario de maná na ula de tecnoloxia, simulamos as sombras para os meses de inverno e para as primeiras horas da maña, apreciando claramente a interacción das fiadas entre si mostradas nas figuras seguintes:
Simulación para o dia 8 de decembro, a 9,05 horas da maná (8,05 hora solar). Simulando o percorrido do sol minuto a minuto, non se producen sombras as 10,04 horas (9,04 hora solar).
Simulación para o dia 8 de xaneiro, a 9,05 horas da maná (8,05 hora solar).
Simulación para o dia 8 de febreiro, a 9,05 horas da maná (8,05 hora solar), nesta data os paneis non proxectan sombras sobre as fiadas de atrás.