Get Adobe Flash player

OBXECTIVOS
O primeiro obxectivo é dotar a unha das aulas do IES "Universidade Laboral" de Ourense, concretamente a aula de Tecnoloxía n.º 2, dun equipo fotovoltaico e eólico para a subministración autónoma de enerxía eléctrica que permita cubrir as necesidades de iluminación desa aula.

Tamén nos propoñemos dispoñer dunha ferramenta didáctica real, destinada a alumnos de ESO e Bacharelato do noso centro e de centros do ámbito, que nos permita realizar o seguimento de todas as fases de produción da enerxía eléctrica a partir da luz e do vento.

 

DESCRICIÓN DA INSTALACIÓN

A iluminación da aula de Tecnoloxía n.º 2 é subministrada por 30 tubos fluorescentes de 48 W cada un, polo que a potencia de iluminación instalada é de 1.440 W. Partimos, pois, desta potencia como valor de referencia para a instalación.

Para poder cubrir as necesidades de potencia indicadas, pensamos nunha instalación fotovoltaica de 1.100 W e un aeroxerador de 600 W, o que nos proporcionaría unha potencia instalada de 1.700 W. Na páxina seguinte podemos ver esta instalación de forma esquemática.

Os equipos e materiais empregados na devandita instalación, así como os custos estimados segundo prezo de mercado son os seguintes:

 

Descrición

Cant.

Prezo

Importe

Paneis fotovoltaicos de 110 W de pico a 12 V

10

700

7.000

Soportes para placas solares

 

800

800

Aeroxerador Bornay (mod. Inclin) de 600 W/12V con regulador dixital

1

2.700

2.700

Tramo torreta metálica modelo 360 para aeroxerador

1

350

350

Tramo punta de torreta metálica modelo 360 para aeroxerador

1

350

350

Cable de aceiro para ventos torreta

30

2,2

66

Inversor senoidal de 12 V c.c. a 230 V c.a./ 1.800 W

1

1.000

1.000

Batería estacionaria de 765 A.h

2

2.000

4.000

Mangueira eléctrica de conexión de 1.000 V

50 m

4

200

Varios: parafusos, tensores, bornes, terminais, caixas de empalmes, fundas termorretráctiles, etc.

 

300

300

SUMA

 

 

16.766

IVE (16%)

 

 

2.683

TOTAL (€)

 

 

19.449

 

Para a realización do bocexo da instalación e o correspondente presuposto contamos coa desinteresada colaboración do profesor José Luís Sequeiros Ribao.

 

FINANCIACIÓN DA INSTALACIÓN

Despois de varias xestións realizadas con distintos organismos e empresas públicas e privadas, financiaremos a instalación do xeito seguinte:

 

Empresa / Organismo

Importe

RENFE

2.500

Concello de Ourense (Concellería de Medio Ambiente)

10.000

Consellería de Industria de la Xunta de Galicia (a través del INEGA)

4.000

IES “Universidade Laboral”

2.949

TOTAL (€)

19.449

 

Estamos pendentes dunha xestión realizada co grupo T-Solar, que ten unha fábrica de paneis fotovoltaicos no Parque Tecnolóxico de Galicia, situado en el Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, nas proximidades de Ourense, para ver a posibilidade de que nos axuden a financiar parte do proxecto, pero esta xestión aínda non tivo resposta.

 

UTILIZACIÓN DIDÁCTICA DA INSTALACIÓN

Ademais da súa utilidade como instalación autónoma para o subministro de enerxía eléctrica, esta instalación pretende servir como elemento didáctico para os nosos alumnos. Téñase en conta que no IES "Universidade Laboral" temos alumnos de ESO, Bacharelato (unha das modalidades é o científico-tecnolóxico) e Ciclos Formativos de grao medio e superior (relacionados coas familias de mantemento industrial, frío e calor e automoción). A instalación será levada a cabo polos propios alumnos dos ciclos formativos máis directamente relacionados coa materia.

Os distintos elementos mecánicos (soportes, estruturas, etc.) serán realizados por alumnos dos ciclos de chapa e pintura.A instalación será totalmente “visitable”, con paneis informativos do funcionamento de cada unha das seccións desta.

Serán “visitables” mesmo os paneis fotovoltaicos, xa que irán situados no teito da aula de Tecnoloxía n.º 2 (téñase en conta que, nesta zona do centro, a edificación é dunha soa planta).

O departamento de Tecnoloxía do IES "Universidade Laboral" realizará unha presentación didáctica do funcionamento da instalación que se proxectará antes das visitas, para un mellor aproveitamento destas.

A través dun convenio coas Concellerías de Medio e de Educación do Concello de Ourense, recibiranse alumnos doutros centros da cidade para visitar a instalación acompañados por un profesor do departamento de Tecnoloxía.

Como se pode apreciar, tratábase dun proxecto moi ambicioso, pero que estaba ben fundamentado xa que as cantidades sinaladas no presuposto foran apalabradas cos organismos respectivos. RENFE aprobou o proxecto e librou os 2.500 €, pero nin a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, nin o INEGA fixeron o propio. Tiña, ademais, a vantaxe de que contaba coa colaboración, para o deseño e a montaxe, do profesor José Luís Sequeiros Ribao e os seus alumnos do ciclo de grao medio de “Montaxe e mantemento  de Instalacións frigoríficas e de produción de calor”.

 

SITUACIÓN ACTUAL NO CURSO 2012-2013

 

A falta de orzamento por parte da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense e  do INEGA estiveron a piques de facer fracasar o proxecto ou deixalo reducido a unha maqueta con fins unicamente didácticos.

A nosa esperanza quedou depositada en T-Solar e, a este respecto, foi determinante a xestión realizada pola concelleira de Educación co concello de Ourense, Ana Garrido, diante dun dos responsables de T-Solar en Ourense, Sr. Alberte, xa que conseguimos a doazón de 31 paneis fotovoltaicos, dos que se darán as características mais adiante.

Por outra banda, o Departamento de Tecnoloxía, con cargo aos seus presupostos anuais, foi destinando pequenas cantidades ao longo dos catro últimos exercicios para poder mercar o equipo e materiais necesarios.

Debido ás restricións orzamentarias, foi preciso modificar o proxecto inicial, de xeito que, polo momento, a instalación será unicamente fotovoltaica e sen almacenamento de enerxía, debido ás especiais características dos paneis subministrados e ao alto custo das baterías precisas. Polo tanto a enerxía producida polos paneis será empregada de xeito directo, contando a instalación cun regulador-inversor capaz de proporcionar á instalación eléctrica a enerxía producida polos paneis e suplementala, se non fose suficiente, con enerxía procedente da rede eléctrica convencional. Das características da instalación daremos conta nos apartados seguintes.

Quién está en Línea

Tenemos 2 visitantes y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

026136
HoxeHoxe7
OnteOnte2
Esta semanaEsta semana9
Este mesEste mes12
Tódolos díasTódolos días26136