Get Adobe Flash player

En 2009, o grupo formado por Emmanuel Fernández Moradiellos, Jenifer Iglesias Nóvoa, Kevin Lista Campos, Brais Navega Durán, David Nóvoa Sequeiros, David Outeiriño Rodríguez, Iván Rodríguez Conde, Javier Vázquez Garea e Jessica Vinhais Ribao, todos eles alumnos de 4º de E.S.O. do I.E.S. Universidade Laboral de Ourense, coordenados polo profesor de Tecnoloxía Emilio Rodríguez Portabales, realizaron o traballo titulado “Aprovechamiento de vías y estaciones en desuso: Tren Metropolitano de Ourense”. Este traballo foi presentado ao “IV Premio Escolar RENFE AVE 2009 de investigación medioambiental y desarrollo sostenible”, no epígrafe “Transporte, energía, cambio climático y medio ambiente” e obtivo o PRIMEIRO PREMIO na súa categoría.

 

PREMIO

Como xa se indicou, este traballo mereceu o PRIMEIRO PREMIO no epígrafe “Transporte, energía, cambio climático y medio ambiente” do “IV Premio Escolar RENFE AVE 2009 de investigación medioambiental y desarrollo sostenible”. Foille entregado aos alumnos e profesor nun acto celebrado no Museo do Ferrocarril de Madrid.

Ademais, RENFE comprometíase a financiar un proxecto de mellora medioambiental no I.E.S. Universidade Laboral por un valor máximo de 2.500 €. Este proxecto debería ser validado pola “Dirección de Calidad y Desarrollo Sostenible” de RENFE.

Despois de analizar varias posibilidades, finalmente decidimos presentar a RENFE o proxecto seguinte:

 

PROXECTO DE EQUIPO FOTOVOLTAICO E EÓLICO PARA O SUBMINISTRO AUTÓNOMO DE ENERXÍA ELÉCTRICA (ILUMINACIÓN) A UNHA AULA DO CENTRO

 

Noticia de prensa

 

Quién está en Línea

Tenemos un visitante y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

026130
HoxeHoxe1
OnteOnte2
Esta semanaEsta semana3
Este mesEste mes6
Tódolos díasTódolos días26130