Get Adobe Flash player

Este proxecto xurdiu dun grupo entusiasta de profesores do IES Universidade Laboral coa intención de estudiar a contorna de Ourense, que vulgarmente chamamos "pota", dunha maneira innovadora e completamente distinta a habitual, e dicir, segundo o Feng-Shui chino.

Estudiar o toporama de Ourense segundo os principios da filosofia Taoista foi para nos, un reto importante porque non é doado transmitir estos coñecementos aos alumnos, sobre todo cando non oiron nunca falar deles, estando acostumados a utilizar unicamente os 5 sentidos para emitir xuizos de valor.

O Feng-Shui, como o seu nome indica, vento e auga, ten en conta a situación todolos elementos da contorna, montañas, montes, rios e correntes de auga vistas desde un punto determinado, para determinar o emprazamento favorable para a vida (YANG) ou para os enterramentos (YIN). Cada lugar ten un pulso silencioso de ritmo perfecto, un complexo de formas de ondas e resonancias, absolutamente individual e único, que nos pode chegar a conectar con todalas demais cousas do universo si somos capaces de resentilo ou de determinalo seguindo as reglas do Vento e da Auga para buscar as Venas do Dragón.

O ritmo, a resonancia e a armonia ordenan o firmamento. Resulta posible concebir a cada individuo como feito de pura información expresadas en ondas ritmicas que poden comenzar nas vibracións infinitesimais das particulas subatómicas e desenrolarse hacia o exterior como xerarquias cada vez mais amplias de átomos, moléculas, células, órganos, organismos, familias, bandas, tribus... en todos e cada un destes niveis da escala, cada entidade esta conectada a xigantesca trama de información que constitue o Universo. Ó nivel mais básico, a conexión non é sensorial, senón estrutural, pois non é que nos encontremos na trama, senón que formamos parte dela. O Feng-Shui explicanos con meridiana claridade, como relacionarnos con outros elementos desta trama para lograr unha armonia sin disonancias no tempo presente por medio do estudio das formas da paisaxe, dos 5 axentes e os 9 palacios.

Para os chinos, desde hai mais de mil anos, Espazo e Tempo non son nocións distintas senón dous aspectos da mesma realidade indivisa. Ecoloxistas sin sabelo, sempre trataron de construir un edificio, unha casa, un pavillón, en función dos orientes e das influencias benéficas, con este resultado tan admirable que é a perfecta adaptación ao sitio e a paisaxe.

Escollemos un grupo de 2º de Bacharelato para impartir unha hora de clase a semana de Feng-Shui, propondo exercicios para resolver nun cuaderno que fixeron or propios alumnos. Os resultados foron moi gratificantes, mais ben espectaculares cando foron aumentando pouco a pouco o seus sentidos da percepción do entorno, para darse conta de que a natureza busca o estado de enerxía mais eficiente posible e que necesita menos enerxía para latir en cooperación que en oposicíon. O acoplamento esta de feito tan extendido, que como ocorre cando respiramos, apenas nos damos conta do mundo. Foi unha agradable sorpresa descubrilo entre todos.  Unha pequena parte, porque non e posible publicar todo, esta recollida nos capitulos desta paxina.

Ao final do curso fixemos unha andaina percorrendo as Venas do Dragón de Montealegre que serpentean polo subsolo de Ourense.

No grupo hai profesores de Xeografia, de Economia, Técnicos de FP, de Sistemas Enerxéticos e de Filosofia que puxeron cada un o seu grao de area para elaborar esta documentación que aqui se expon. O fin último e de concenciarnos da veracidade da afirmación fundamental do misticismo oriental "TAT TVAM ASI", "TI ERES ISO" que significa que o individuo é un con todo o demais...  somos paisaxe...  calquer actuación na paisaxe nos afecta a nos tamén, porque nos somos paisaxe...

Foron moitas horas de traballo, e moi bons momentos compartidos, esperamos que vos guste.

Saúdos

José Luis Sequeiros - Coordinador do proxecto.

Quién está en Línea

Tenemos 2 visitantes y ningun miembro en Línea

Contador de visitas

026300
HoxeHoxe1
OnteOnte2
Esta semanaEsta semana3
Este mesEste mes58
Tódolos díasTódolos días26300